Cecilia celebra o seu 102 cumpreanos coa familia e o goberno municipal
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz acompañado polo tenente de alcalde de BNG, Lito Muíños, e a concelleira socialista, Pilar Couto, felicitou no seu domicilio no lugar de Mirón, parroquia de Tourón, a Cecilia Martínez Pazos, quen acaba de cumprir 102 anos, coincidindo co día do sorteo da Lotería de Nadal, en compañía da súa familia.
O grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas obsequiou á centenaria cun ramo de flores e unha torta de cumpreanos que degustaron na compaña da súa familia. Tras apagar as velas, Cecilia Martínez relatou ao alcalde como se quedou viúva do seu marido, Benito Pazos, vítima da Guerra Civil, e como tan nova e embarazada da súa terceira filla tivo que armarse de valor e sacar adiante á súa familia.
Cecilia Martínez Pazos conserva todas as súas facultades mentais e é unha gran conversadora. Os seus 102 anos de vida atesouran gran experiencia vital caracterizada pola súa espiritu loitador e a súa vontade de non resignarse ante as adversidades. A anciá de Mirón tivo tres fillas, catro netos e seis bisnetos.
Neste Nadal volverá actuar como gran anfitrioa de toda a súa familia para celebrar non só os seus aniversarios senón estas datas tan entrañables.
Relacionadas:
-
Erciria Rosa Vidal recibe a visita do alcalde polo seu 101 aniversario
Por Redacción |
-
Cecilia Martínez, a avoa de Ponte Caldelas, cumpre 103 anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas conta cunha nova centenaria
Por Redacción |
-
101 festas de Nadal en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os cen anos de Cecilia
Por Redacción |