A neve xa está en Pontevedra
Por Mónica Patxot
As primeiras nevadaras do inverno chegaron a Pontevedra. Non á cidade do Lérez, pero si á súa bisbarra e vaise achegando. Como xa é habitual por estas datas, o primeiro municipio que quedou tinguidura de branco foi o da Lama.
O municipio amenceu nevado, en especial, nas súas zonas de cotas máis altas e nas parroquias máis afastadas da zona urbana como Xende ou As Ermitas. A medida que avanzou o día, os veciños do municipio e persoas chegadas dende localidades próximas e dende a capital fóronse animando a xogar polos campos nevados ou facer bonecos de neve.
En localidades de Lugo e Ourense a nevada impediu que os escolares acudisen a clase e deixaron poboacións illadas. Non é o caso de Pontevedra ou A Lama, pero si houbo vehículos bloqueados por momentos nalgunhas estradas.
Noutros municipios como Cotobade as sarabiadas e a caída de folerpas de neve chegaron a acumularse nalgunhas zonas máis rurais, pero non callou nin deixou un manto branco como na Lama. En zonas de Pontevedra como o monte da Fracha repetiuse escena.