"As árbores xa estaban secas antes de empezar as obras"
Por Oskar Viéitez
Responsables do Grupo Lar responderon aos veciños da rúa Camiño Vello de Castela, quen denuncian que nas obras de Tafisa enterrouse parte dos escombros secando árbores centenarias.
"As árbores xa estaban secas antes de empezar as obras", foi a explicación trasladada polos técnicos.
Segundo estes portavoces do Grupo Lar, desde o Concello xa se lles advertiu antes de empezar os traballos de urbanización deste solar que sería necesario talar todas as árbores pois estaban secas.
De feito, a día de hoxe, a empresa está pendente da autorización municipal para proceder con a tala.
Os veciños na súa denuncia acompañaban unha serie de fotografías nas que se podía ver como durante a urbanización do solar soterrábanse escombros.
En primeiro lugar, o Grupo Lar desvincula este "feito puntual no contexto da evolución dunhas obras" con que as árbores estean secas.
Ademais estes portavoces autorizados sinalan que a empresa ten todos os certificados de xestión de residuos en regra e que estes traballos foron inspeccionados obtendo a conformidade.
Finalmente o Grupo Lar, preocupado pola mala imaxe que este tipo de denuncias veciñais puidese xerarlles reitera que "apostamos por Pontevedra" e móstranse convencidos de que nos últimos anos "engadimos valor á cidade".
Un propósito no que confían seguir incidiendo coa construción de vivendas que "xeran postos de traballo e riqueza en Pontevedra".