O SUP irrompe en campaña e reclama armas eficaces para loitar contra o terrorismo actual
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) irrompeu este xoves na campaña electoral para as Xerais do 20-D cunha concentración de representantes de toda a provincia ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra coa que, segundo a secretaria provincial, Sandra Fernández, buscan que "todos os partidos políticos, tanto o Goberno actual como o que entre, se entere en que situación está a Policía Nacional".
Varias decenas de funcionarios policiais despregaron unha pancarta ante a sede da Subdelegación, manifestaron o seu "total desacuerdo con la forma de proceder de la Dirección General de la Policía" e demandaron máis medios de protección e defensa e recursos humanos. Falta de chalecos individuais, uniformes escasos e mesmo vehículos policiais en mal estado centraron as súas críticas, pero tamén introduciron unha petición nova: "medios intermedios de defensa" e "armas eficaces para luchar contra el terrorismo".
Segundo explicaron, tras os atentados de París, "nada ha cambiado para los policías". O secretario local do SUP en Vigo, Víctor Vasco, lembrou que "estamos en nivel 4 de alerta antiterrorista" e en Galicia "puede ser que no nos afecte mucho", pero noutras zonas de España si e os policías "carecen de formación y de medios". Ademais, todas as plantillas presentan escasez de personal e en Pontevedra, por exemplo, faltan 44 axentes do actual Catálogo de Postos de Traballo.
Vasco reclamou tamén armas intermedias non letais porque "ahora mismo tenemos dos armas, una pistola y una porra", pero hai ocasións nas que resulta máis eficaz unha arma intermedia. Como exemplo, puxo unha situación que se deu nos últimos días no Reino Unido, onde un cidadán que se identificou como terrorista quixo matar a outras persoas usando unha arma branca e os policías conseguiron reducilo utilizando un Táser. "¿Cómo haríamos nosotros aquí? ¿Nos dejamos apuñalar y entre todos lo cogemos? ¿O le disparamos directamente?", pregúntase este representante policial. A solución estaría nunha destas armas intermedias Táser que non ten o persoal.
"Ya es hora de que el Estado, bien la Administración actual o los que vengan, se pongan al día en materia de seguridad, de jornada laboral, que formen a la gente, que nos paguen lo que tienen que pagar", reclaman. Levan "años y años" con reclamacións e atopáronse con situacións como que, tras 20 anos sen resultados nas negociacións relativas ao incremento do plus de traballo por quendas, subíronlles 20 euros. O SUP mantén a súa posición e a súa proposta, defendendo a sexta quenda e un maior incremento da turnicidad, de modo que unha das pancartas da concentración deste xoves rezase "Tu trabajo 20 años = 20 euros". O vindeiro xoves repetirán, ás 11.00 horas, ante a Subdelegación.
Relacionadas:
-
De patrulla cos pés empapados
Por Redacción |
-
Denuncian o malgasto nos chalecos antibala femininos
Por Redacción |
-
Axentes da Comisaría seguen sen chaleco un ano despois da morte de Vanessa Lage
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Reclaman que as oficinas de emisión do DNI se trasladen xa ao antigo edificio do Banco de España
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |