O coro pontevedrés Vía Sete prepara actuacións sorpresa nas prazas da cidade
Por Redacción
Levan pouco máis dun ano cantando xuntos como unha agrupación estable e queren abrirse á cidade, á vez que seguen buscando novos membros.
O coro Vía Sete, nacido no Local de Música de Pontevedra, decidiu saír á rúa nunha serie de actuacións sorpresa.
Realizaranas en varias prazas o vindeiro venres 11 de decembro coa "idea de dar a coñecer o coro", explicaron os seus integrantes.
Actualmente 24 persoas integran a formación, que está aberta a todos os que queiran participar cun único requisito, ser maior de 16 anos.