As obras en Raiña Vitoria complican o tráfico no centro
Por Oskar Viéitez
O corte dun carril á circulación na avenida raiña Vitoria está complicando o tráfico rodado no centro da cidade de Pontevedra.
Especialmente nas horas punta orixínanse grandes retencións.
Por este vial pasan a diario preto de doce mil vehículos, segundo os estudos de tráfico encargados polo Concello.
Esta semana deberían rematar as obras no paso de peóns fronte á Audiencia Provincial no entronque con Rosalía de Castro. O mal estado do firme motivou esta actuación.
Desde a Policía Local habilitáronse desvíos para que os condutores circulen desde a praza de Galicia cara a Xeneral Rubín para saír da cidade pola avenida de Fernández Ladreda. Ou ben desviarse por Gagos de Mendoza.