Educación suspende as actividades exteriores en Pontevedra
Por Redacción
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender tamén para este martes as actividades fora do recinto escolar en boa parte das provincias da Coruña e Pontevedra a causa do temporal.
Así, debido á previsión de ventos superiores aos 100 quilómetros por hora, a consellería deu a orde de suspender actividades no exterior dos colexios nas zonas climáticas do noroeste da Coruña, oeste da Coruña e suroeste da Coruña, Rías Baixas, Pontevedra e Miño de Pontevedra, que suman máis de 120 concellos.
A Consellería de Educación decidira xa anteriormente suspender a actividade docente e o transporte escolar nos centros escolares situados en 33 concellos das zonas de montaña de Lugo e de Ourense debido á alerta meteorolóxica por neve.
Ademáis a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia alerta dun temporal no mar de nivel vermello que afectará a partir de este martes ao litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra.