As Novas Xeracións do PP inauguran a súa Escola de Formación analizando o por que da crise económica
Por Redacción
A Escola de Formación de Novas Xeracións de Pontevedra bota a andar o sábado 26 de xaneiro centrándose na economía e, en concreto, no por que da crise económica.
Segundo informou a agrupación, a está aberta a todo o público en xeral e inagurarase ás 12.00 horas do sábado coa conferencia "Unha explicación das crises económicas: a teoría do ciclo económico da escola austriaca de economía" a cargo do profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Ciencias Económicas e licenciado en Ciencia Política e da Administración Miguel Anxo Bastos Boubeta.
A Escola de Formación de NNXX de Pontevedra está dirixida a formar aos membros deste colectivo da mocidade do PP no debate ideolóxico e cultural.
De todos os xeitos, poderán asistir non só militantes e simpatizantes desta agrupación e do partido en Pontevedra, senon todas aquelas persoas interesadas, dando cumplimento ao obxectivo marcado polo presidente, Arturo Casal, de "abrir e dar a coñecer a organización a todos os pontevedreses".