Rouba 2.000 euros en cupóns da ONCE e detéñeno tras intentar cobrar o premio
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Marín detiveron un home de 40 anos e veciño de dita localidade, ao que se lle imputa o furto de cupóns da ONCE valorados nuns 2.000 euros. Subtraeullos a unha vendedora tras propinarlle un forte empurrón e saír fuxindo ás carreiras.
O suceso tivo lugar sobre as 09:30 da mañá do día 15 de xaneiro. A partir da denuncia da muller, que habitualmente vende os cupóns da ONCE na confluencia da Rúa da Ponte e a Rúa do Sol, a Policía Nacional iniciou unha investigación que conduciu, case unha semana despois, ao suposto autor de dito furto.
Dáse a circunstancia de que esta persoa intentou cobrar algúns dos cupóns substraídos, que foran premiados, nunha gasoliñeira do Burgo (Pontevedra).
O detido, tras ser interrogado na Comisaría de Policía de Marín, pasou a disposición do xulgado de instrución número 1 de Marín.