Adxudican máis de 600.000 euros en obras para mellorar a accesibilidade no rural
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a adxudicación dunha serie de obras de mellora da mobilidade e a accesibilidade nas parroquias do rural, valoradas no seu conxunto en 622.000 euros.
Trátase de actuacións que levarán a cabo nas parroquias de San Andrés de Xeve, Salcedo, Lérez e Tomeza.
En concreto, EC Casas acometerá as melloras en Cruceiro (Salcedo) por valor de 126.292 euros e A Piolla (Lérez) por 177.251 euros; mentres que COVSA executará as obras no lugar de Filgueira (San Andrés de Xeve), que ten un orzamento de 145.386 euros; e Ediserpo afrontará o proxecto de Sobral (San Andrés de Xeve), valorado en 87.100 euros, e Lusquiños (Tomeza), onde se investirá 83.647 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu conta dunha nova obra que executará Viaqua con cargo ás melloras incluídas no contrato actual. Serán 21.355 euros de investimento na mellora do abastecemento de auga en alta.
Relacionadas:
-
Covsa adxudícase as obras de mobilidade en Campañó e E.C. Casas en Lourizán
Por Redacción |
-
O modelo de cidade está a chegar ao rural
Por Redacción |
-
Aproban novas obras no rural por valor de 660.000 euros
Por Redacción |
-
Proxectan melloras de mobilidade, lombos incluídos, en oito vías do rural pontevedrés
Por Redacción |