A Deputación promove espazos de coworking no polígono de Barro-Meis
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra destinará 320.000 euros a unha serie de accións de formación e titorización que teñen como obxectivo a creación de espazos conxuntos de coworking no viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis. A formación, que se realizará froito dun convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), tamén beneficiará a outro polígono da provincia, o de Lalín.
Os espazos de coworking terán conexión wifi e eléctrica e estarán destinados ao establecemento de emprendedores, previamente seleccionados. A través da metodoloxía Lean Startup, acelerarase o proceso para identificar a visibilidade de proxectos emprendedores. Os espazos contarán tamén cun servizo de coordinación para o apoio de emprendemento, centro de formación e salas de reunión para o proceso de titorización.
A Deputación contempla a realización de catro convocatorias públicas de coworking cunha duración de cinco meses cada unha e destinadas en cada ocasión a un mínimo de 16 e máximo de 22 proxectos emprendedores nos que participarán entre unha e tres persoas. Cada convocatoria desenvolverá 12 obradoiros obrigados de formación de cinco horas cada un sobre o desenvolvemento de competencias de emprendemento e xestión de proxectos.
Todos os proxectos seguirán un proceso de titorización de 40 horas e en cada edición organizaranse eventos co obxectivo de impulsar o networking entre emprendedores e realizarase, nas semanas finais do proxecto, unha demoday de presentación das actuacións.
A Deputación busca, ademais de fomentar o emprendemento, aumentar a probabilidade de éxito dos proxectos dos emprendedores nun período limitado de tempo, identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento. O convenio terá unha duración de dous anos prorrogables.
Relacionadas:
-
A Escola de Organización Industrial realizará accións de coworking no polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |
-
Abren o prazo para solicitar espazos no viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Recta final para a posta en marcha do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Carmela Silva confirmou o "impulso decisivo" ao polígono de Barro-Meis como xerador de emprego
Por Redacción |
-
Estrella Galicia adquire dúas parcelas no polígono industrial de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Adxudican por un millón de euros a nova depuradora do polígono Barro-Meis
Por Redacción |
-
O edificio de servizos de Barro-Meis estará en funcionamento a principios de 2016
Por Redacción |