Un macho de 4,3 quilos e unha femia de 2,3 gañadores do concurso de Centola Viva
Por Redacción
A partires das cinco da tarde deste xoves comezaron a chegar a terra os barcos centoleiros do Grove.
Os mariñeiros seleccionaron as súas pezas de maior tamaño para participar no Concurso de Centola Viva e seis exemplares se puxeron sobre a báscula para participar sendo o de menor peso unha femia de 2,1 quilos.
Finalmente foi unha centola femia de 2,3 quilos capturada polo barco Ariño e un macho de 4,3 quilos do barco Chapeliño os gañadores do concurso onde o criterio era o maior peso da peza.
Os galadornados recibirán un premio de 150 euros.
Os dous exemplares serán obxecto dunha poxa mañá a partires das 12.00 horas na Praza de Abastos e os beneficios acadados de esta venda serán destinados a Cáritas.
Relacionadas:
-
Un 'mannequin challenge' na lonxa para promocionar a calidade da centola do Grove
Por Redacción |
-
O domingo comezan os Cantos da Taberna Centoleira no Grove
Por Redacción |
-
A lonxa do Grove foi a primeira rula de Galicia en volume de descargas de centola en 2014
Por Redacción |
-
Abre a campaña extractiva da centola e do boi
Por Redacción |