A conmemoración do Ano Castelao centrará a actividade cultural da Deputación en 2016
Por Redacción
O deputado provinicial encargado do departamento de Cultura, Xosé Leal, presentou este xoves as principais liñas de actuación que abordarán durante o ano 2016, en función do que se prevé aprobar nos orzamentos da institución.
Ademais das partidas incluídas dentro do plan cos concellos, Cultura centrará os seus esforzos na conmemoración do Ano Castelao, ao cumprirse en 2016 cen anos da súa chegada a Pontevedra.
Por ese motivo a Deputación destinará 380.000 euros en diferentes accións relacionadas coa súa figura e as súas diversas facetas artísticas, desde o teatro pasando pola pintura ou a arqueoloxía. A iso súmase unha liña de subvencións de 275.000 euros para custear as actividades organizadas por municipios e asociacións.
Entre as actividades concretas atópase a creación de "un certame extraordinario de banda deseñada e cartelería", explicou Leal.
O deputado sinalou ademais que o seu departamento destinará 700.000 euros a un novo programa de actuacións culturais denominado Pontegal e 600.000 euros a intervencións de mellora do patrimonio histórico-artístico.
Relacionadas:
-
O novo plan cultural da Deputación primará criterios sociais e a dinamización do galego
Por Redacción |
-
O PP rexeita os "improvisados" orzamentos provinciais porque non teñen "alma"
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo Provincial de Pontevedra será o epicentro da celebración do Ano Castelao en 2016
Por Oskar Viéitez |