Nueva imagen para la plaza de abastos de Cuntis
Por Redacción
A praza de abastos de Cuntis xa loce nova e renovada cara tras as obras de remodelación e mellora acometidas durante os últimos meses.
En concreto creáronse tres novos postos exteriores, retiráronse as reixas de portas e xanelas e sustituíronse as canalizacións en mal estado. Tamén se renovou o aseo para convertelo en adaptado, instaláronse consignas, procedeuse ao pintado das paredes e limpouse a fachada do edificio.
Todas estas melloras foron acometidas polo Concello de Cuntis coa achega de fondos autonómicos.
Comerciantes da praza de abastos comprobaron este mércores xunto ao alcalde, Manuel Campos, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, o novo estado dunha instalación considerada clave para a dinamización do comercio local.