Como evacuar un autobús escolar en 48 segundos
Por Redacción
Preto de medio cento de alumnos do Intituto de Ensino Secundario de Vilalonga, do curso de 1º da ESO, participaron este mércores nun simulacro de evacuación dun autobús escolar.
O simulacro levouse a cabo coa colaboración dos profesores do centro e despois dunha clase teórica impartida pola Policía Local de Sanxenxo, na que mostraron aos alumnos como actuar nun caso de emerxencia para abandonar de maneira ordenada o vehículo.
O éxito do exercicio reflexouse no tempo empregado para desaloxar o autobús, un total de 48 segundos.
Os docentes tiveron un papel importante no simulacro. Un deles encargouse de organizar a saída ordenada dos adolescentes e outro quedou no interior para tentar que se mantivese a calma.
Alumnos e profesores aprenderon a accionar, desde fóra e desde dentro, as portas de acceso ao autobús para facilitar a súa evacuación e a romper as xanelas do teito en caso de envorco.