Máis bragas contra a violencia machista
Por Redacción
De acto vandálico cualificou a concelleira responsable da área de Muller, Carmen Fouces, a desaparición das bragas que o luns 23 colgáronse nun tendal nos Soportais da Ferrería. Unha performance que forma parte das actividades programadas polo Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, no marco do proxecto Tamgram, con gallo do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
No caso desta acción, que leva por nome "Bragas con Historia", instalouse un tendal do que colgan bragas con etiquetas. Nas devanditas etiquetas sinálase con frases diferentes, historias de mulleres que viviron situacións de violencia machista.
"Parece que iso molesta, por tanto reafirmámonos en que aínda queda moito traballo, que este tipo de situacións destapan cousas que ás veces desculpamos de forma inocente e que se isto molesta é que hai que seguir por esta liña" afirmaba Fouces. De feito, ao mediodía xa se volveron a colocar outras bragas no tendedero dos Soportais.
Desde a organización tiñan constancia de "certa protesta" á hora de facer a instalación, pero non pensaron que se chegase ao momento de roubalas.
Relacionadas:
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
A asociación Mulleres en pé acudirá como acusación á causa pola morte de Conchi Reguera
Por Redacción |
-
Cando che digan: "Es miña", responde: "Tes o ticket?"
Por Natalia Puga |