Morre un motorista de 33 anos nun accidente no Grove
Por Redacción
Un veciño do Grove de 33 anos faleceu na mañá deste sábado como consecuencia dun accidente de circulación rexistrado na estrada PO-316, na coñecida como recta de Ardia, no Grove.
O mozo conducía unha moto que chocou cun turismo todoterreo e, segundo informou Urxencias Santarias de Galicia 061, faleceu no propio lugar do accidente a pesar dos esforzos do equipo sanitario por tentar salvarlle a vida.
O accidente produciuse poucos minutos despois das 10.00 horas e ao lugar desprazáronse tanto antes da Policía Local do Grove como a Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do centor de saúde do municipio.
O falecido é un mozo de San Vicente con vínculos propios e familiares co mundo do piragüismo.