Descarrila en Ourense un tren con destino a Pontevedra
Por Redacción
Descarrila en Ourense un tren con destino a Pontevedra. O suceso non rexistrou danos persoais.
O descarrilamento do tren Alvia foi debido a un desprendimiento que obstruía as vías, debido a un corrimento de terras polas intensas choivas.
No convoy viaxaban 57 pasaxeiros.
Segundo informou Renfe o accidente tivo lugar ás nove e cuarto da noite. O tren Alvia, procedente de Madrid, acababa de saír da estación de Ourense. O descarrilamento produciuse a menos dun quilómetro da estación polo que a velocidade da máquina era baixa o que deu unha maior marxe de reacción ao maquinista. Aínda así se saíu da vía un eixo do convoy.
Os pasaxeiros serán trasladados en autobús á súa cidade de destino.