CIG-Saúde denuncia que as esperas no Centro de Saúde de Anafáns "están a superar os doce días"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O sindicato CIG Saúde denunciou que as listas de espera para unha cita co médico de cabeceira no centro de saúde de Anafáns, en Poio "están a superar os doce días".
A central nacionalista salienta que este centro de saúde conta cunhas instalacións en "precario" e que "soporta a presión dunha poboación en constante aumento", o que ao seu xuízo "dificulta, xa de por si, a asistencia sanitaria, véndose agravado pola falta de cobertura dos profesionais".
Ademáis engaden que estes profesionais teñen que "soportar unha sobrecarga de traballo por mor de cubrir as ausencias dos compañeiros e en moitos casos ter que prolongar a súa xornada laboral".
Para CIG-Saúde as dificultades existentes en Atención Primaria son "consecuencia da política de recortes do goberno da Xunta".
"Unha Atención Primaria que acusa a falta de inversións en recursos materiais e falta de persoal, de substitucións do persoal, a precariedade laboral co abuso das medias xornadas e o aumento de funcións nos últimos anos", conclúen dende este sindicato.
RESPOSTA DO SERGAS
Desde o Complexo Hospitalario de Pontevedra desmentiron esta información de CIG-Saúde, precisando que en Anafáns "a atención está garantida sen incidencias" e rexeitan que sexan tantos días de demora.
Estas mesmas fontes indicaron que "están cubertas o cento por cento das prazas do persoal sanitario" e cinguen calquera posible demora aos facultativos de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) que teñen menos dedicación horaria.
Relacionadas:
-
Todos os políticos aproban unha moción para reclamar a mellora dos servizos sanitarios en Poio
Por Redacción |
-
O PP de Poio propón negociar cos propietarios e ampliar o estacionamento do Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas estuda a ampliación do centro de saúde de Anafáns
Por Redacción |
-
Denuncian listas de espera de máis dunha semana para o médico de cabeceira
Por Redacción |
-
Poio acometerá obras de mantemento no Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |