Lores falará cos panadeiros, cos donos do cine e co IMD das demandas dos nenos con diabete
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Que o pan e os doces das panaderías poñan a súa composición e a cantidade de hidratos de carbono; que os establecementos hosteleiros teñan refrescos sen azucre, que os avituallamentos dos eventos deportivos inclúan froita, que os adestradores saiban atender unha crise o un posiible coma diabético, que poidan entrar zumes ao cine e mesmo cos Reis Magos tiren na cabalgata caramelos sen azucre.
Son as peticións que trasladaron Iris, Anxo, Manuel, Emma e Alba, un grupo de nenos con diabete ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen tomou boa nota das demandas e comprometeuse con eles a atender aquelas que están na súa man e a entremediar naqueles casos que a solución dependa doutros.
O alcalde que contoulles aos rapaces que tamén el é diabético, instará aos organizadores dos eventos deportivos que pensen nos pequenos con diabete cando dispoñan dos avituallamentos e pedirá ao Instituto Municipal de Deportes (IMD) que inclúa nos seus cursos de formación en primeiros auxilios os coidados e atención as persoas con diabete.
Por outra banda o Concello de Pontevedra remitirá as asociacións de panadeiros e hosteleiros e a empresa que explota os cines na cidade unha carta coas demandas dos nenos con diabete e se porá en contacto cos paxes dos Reis Magos de Oriente para que na próxima cabalgata pensen neles a hora de mercar os caramelos.
Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, recibiu a unha delegación de Anedia, a Asociación e Nenos con Diabate de Galicia con motivo da próxima celebración do Día Internacional da Diabete, unha xornada de sensibilización e visibilización da enfermidade na que o Concello participará dun xeito activo.
MILLA URBANA
O 14 de novembro celebrarase, coa axuda do Concello e do IMD, a I Milla pola Diabete e a noite anterior iluminarase a Casa Consistorial de azul, a cor da enfermidade. O manifesto que se difundirá nesta xornada recollerán as demandas que os pequenos presentaron ao alcalde.
A Asociación de Nenos con Diabete de Galicia naceu en Pontevedra no ano 2013 e da soporte, só no municipio, a uns 90 menores de 16 anos.
Relacionadas:
-
A Valedora do Pobo reúnese cos responsables dos cines de Vialia para regular o acceso dos nenos con diabete con mochilas
Por Redacción |
-
A cor azul volve tomar Pontevedra polo Día Mundial da Diabete
Por Redacción |
-
Milla urbana para sensibilizar á poboación sobre a diabete infantil
Por Redacción |
-
Os comedores escolares ensinarán esta semana o que come un neno con diabete
Por Redacción |
-
Anedia continúa a campaña formativa a persoas con diabete e coidadores
Por Redacción |
-
A asociación de nenos con diabete pide un protocolo especifico de actuación para a reválida de terceiro de primaria
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Os escolares de Pontevedra aprenden sobre a diabete
Por Oskar Viéitez |