Un parque de xogos completará a mellora do patio do CEIP de Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín está a ultimar as obras de mellora o patio do colexio de Infantil e Primaria de Seixo.
Nos últimos días, concretamente, está a procederse á instalación dos módulos do patio destinado aos nenos entre 3 e 6 anos.
Este arranxo obedece a que as obras da escola infantil fixeron reconsiderar a súa localización e mellorar a rampla e o acceso, así como dotalo de elementos que vaian destinados a estas idades.
O concello comprometeuse a esta mellora que, co orzamento existente, realizouse dentro das marxes que se tiñan, tratando de acordalo entre todos.
As obras finalizarán nuns días, ofrecendo unha mellor global no colexio e unindo estes traballos aos que xa se realizaron a principio de curso.