O prezo da vivenda de segunda man cae un 9,8% en Pontevedra en 2012
Por Oskar Viéitez
O prezo medio da vivenda de segunda man na provincia de Pontevedra experimenta unha caída dun 9,8% e sitúa o prezo da vivenda en 1.796 euros por metro cadrado, segundo datos do Informe "A vivenda no ano 2012 " elaborado polo portal inmobiliario fotocasa.es.
Galicia en 2012 experimenta unha caída dun 8,1% e sitúa o prezo medio da vivenda en 1.757 euros por metro cadrado. Este valor atópase un 7,0% por baixo da media nacional, que se situou no mes de decembro de 2012 en 1.891 euros o metro cadrado.
A provincia de Pontevedra é a que rexistra un maior descenso.
O prezo máis alto por metro cadrado atópase en Baiona, con 2.510 euros, seguido da Concello de Sanxenxo con 2.504 euros. En lado oposto, Ponteareas é a localidade máis económica de Galicia, cun prezo medio de 1.155 euros.