Finalizan as obras da pista de pádel de Chan da Barcia
Por Redacción
O complexo deportivo de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas, pódese dar por finalizado. Acaban de terminarse as obras da pista de pádel, de modo que se pode considerar que as instalacións do centro urbano do municipio están completas.
O PP de Ponte Caldelas lembra que esta obra é unha das últimas que deixou contratada o anterior goberno local e financiouse con cargo a unha subvención concedida pola Xunta de Galicia. A pista de pádel ao aire libre contou cun orzamento duns 49.000 euros, dos cales 33.054 euros foron subvencionados.
Con esta obra acondicionouse tamén o anaco de terreo que antes estaban en terra usando un formigón raiado, que saneou e mellorou a imaxe de toda a zona. Esta foi unha das melloras ofertadas pola empresa adxudicataria.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas estrea unha pista multiusos para patinaxe e un minigolf
Por Redacción |
-
Andrés Díaz recórdalle ao PP que o novo céspede de Chan da Barcia foi unha promesa "incumprida" por Louzán
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez reivindica a súa última obra tras deixar a Alcaldía de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha pista de pádel e renovar o convenio cos comerciantes, últimas decisións de Perfecto Rodríguez
Por Redacción |
-
A Xunta subvenciona a construción dunha pista de pádel en Ponte Caldelas
Por Redacción |