A Deputación rescata a vella reclamación dun centro de saúde para A Illa
Por Redacción
O novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra quere que se rescate unha vella reclamación do Concello da Illa de Arousa, a construción dun centro de saúde.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, realizou a primeira visita oficial ao Concello e comprometeuse co alcalde, Carlos Iglesias, a que na súa próxima reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defenderá esta histórica demanda do municipio para que o Goberno galego constrúa o centro de saúde demandado polos veciños.
"Estamos a falar dunha necesidade de primeira orde", sostuvo a presidenta provincial, que se presentou como unha interlocutora entre os concellos e outras administracións e anunciou que, como tal, trasladará á Xunta e o Goberno central as demandas dos equipamentos básicos dos municipios.
Nesta liña, pedirá ao Goberno central que preside Mariano Rajoy un compromiso que se remonta xa ao Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero para rehabilitar tres vivendas modernistas que permitirían abrir un centro de lecer para os maiores e unha biblioteca municipal.