Os bombeiros liberan un home que quedou atrapado baixo o seu coche en Campañó
Por Redacción
Un home tivo que ser rescatado tras quedar atrapado baixo o seu coche na noite do sábado.
O suceso produciuse ao redor das 22:00 horas na estrada que une Sabarís coa igrexa de San Pedro de Campañó.
O condutor, de avanzada idade, tras parar o seu coche no arcén saíu apresuradamente do vehículo sen decatarse de que non accionara o freo de man.
Cando o coche comezou a moverse por esta circunstancia intentou subirse e foi arroiado, quedando atrapado baixo o vehículo.
Ata o lugar tiveron que desprazarse os Bombeiros de Pontevedra, que liberaron o home. Trala chamada dun veciño ao 112 mobilizáronse tamén efectivos do 061 para atendelo, ademais de Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.