A rehabilitación do Pazo de Quintáns e a rexeneración das praias centran a reunión do alcalde con Ana Pastor
Por Diego Espiño
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, acompañado do concelleiro de Urbanismo, Daniel Fernández, mantivo este sábado unha breve reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Nela o rexedor plantexou varios proxectos que quere sacar adiante o goberno local, entre os que destacan a rehabilitación do Pazo de Quintáns e a rexeneración das praias de Carabuxeira e Lavapanos.
En relación ao pazo, o Concello pretende custear a súa rehabilitación accedendo aos fondos do 1% cultural dos que dispón o ministerio, para o que Ana Pastor recomendou que "nos mande la certificación de que es Bien de Interés Cultural (BIC) y que es de titularidad municipal para poder abordar este proyecto".
Pita recordou que o Pazo de Quintáns é propiedade municipal desde o ano 2015 pero "lo que se ha hecho estos últimos 10 años es verlo cada vez en un estado de degeneración más importante". Ademais está catalogado como BIC dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
En canto á rexeneración dos areais, o alcalde cre "que es importante hacer una actuación conjunta. Le he trasladado que necesitamos de una ayuda económica para afrontar este proyecto", ao que Pastor respondeu comprometéndose a remitir a petición, realizada xa pola anterior corporación, a Medio Ambiente para o seu estudo.
Ademais da propia rexeneración a intención é construír dous emisarios submarinos "para recoger las aguas pluviales que están generando un agravio importante a la hora de arrastrar la arena hacia al mar", explicou o alcalde.
Por outra banda Gonzalo Pita tamén lle pediu á ministra que medie coa Xunta de Galicia para intentar desbloquear as obras de reforma da PO-308 entre A Lanzada e Portonovo.
Esta reunión produciuse dentro da rolda de encontros de Ana Pastor en Pontevedra con diferentes alcaldes de Galicia, entre eles dous máis da provincia, como son o de Lalín e o de Vilanova de Arousa.
Relacionadas:
-
Os veciños de Noalla coñecen o proxecto previsto para o Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Sanxenxo xa pode pedir a declaración de BIC para o Pazo de Quintáns
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo solicita a declaración como BIC do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
O convenio para o proxecto de rehabilitación do Pazo de Quintáns amplíase tres meses
Por Redacción |
-
Avanzan os trámites para licitar as obras de rexeneración da praia de Carabuxeira
Por Redacción |