Técnicos autonómicos asesorarán ao Concello de Vilaboa na regularización dos núcleos costeiros
Por Redacción
O Concello de Vilaboa requeriu a colaboración dos técnicos autonómicos para avanzar na regularización dos núcleos tradicionais do litoral deste concello.
O vindeiro día 21 o goberno de Vilaboa ten que acreditar co rigor necesario ante a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente os fundamentos que deben permitir dita regularización.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, mantiveron este venres unha xuntanza de traballo na que tamén participaron os subdirectores xerais de Urbanismo, Eduardo Sobrino, de Ordenación do Territorio, Alberto Castrillo, e a concelleira de Urbanismo, Ornela Fernandez.
Hai que ter en conta que Vilaboa solicitou a aplicación da Disposición Transitoria 1ª da Lei de Costas para a regularización de 3 núcleos: Paredes, Larache e Santa Cristina, divididos en 10 áreas, as cales foron rexeitadas por Costas ao non cinguirse ás delimitacións existentes.
Neste senso a secretaria xeral recomendou ao alcalde que centrase a súas pretensións na xustificación da consolidación nos núcleos rurais delimitados nas normas subsidiarias vixentes, e, simultaneamente axilizara o máximo a aprobación do PXOM que está na recta final da tramitación.
Relacionadas:
-
A Xunta rexeita o PXOM de Vilaboa e trasládalle as deficiencias que debe corrixir
Por Redacción |
-
Chaman aos veciños de Vilaboa a que traian as súas potas, bombos, chifres,... "e que nos escoiten nos xulgados"
Por Redacción |
-
Postemirón e A Graña reclaman a urxente tramitación do Plan Xeral para legalizar as súas casas
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas cualifican como "grave tomadura de pelo" a situación legal dos núcleos do litoral
Por Oskar Viéitez |