Para conseguir Cero Violencia Viaria, educación!
Abordar a problemática da seguridade viaria desde unha perspectiva diferente e dunha forma nova. É o obxectivo co que nace o ciclo 0VV!: Cero violencia viaria, organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Universidade de Vigo. Trátase dun ciclo de conferencias e actividades dirixidas aos estudantes universitarios, pero abertas ao público.
Estes mozos son, segundo o intendente da Policía Local de Pontevedra, un sector "especialmente vulnerable" ante os accidentes de tráfico xa que, ademais de ser un amplo colectivo na cidade con preto de 4.000 estudantes, adoitan ser condutores con pouca experiencia, usuarios habituais de bicicletas e, por encima de todo, peóns.
O ciclo comezará o vindeiro mércores 14 de outubro cun simulacro de accidente múltiple no campus universitario que, destacou Daniel Macenlle, "tamén serviranos para testar a coordinación dos servizos de emerxencia". Desenvolverase a través de seis xornadas, ata o 11 de novembro.
Incluirá actividades prácticas, relatorios e mesas redondas nas que participarán expertos en seguridade viaria e un amplo abanico de persoas relacionadas, dunha ou outra maneira, coa mobilidade como un membro da asociación Stop Accidentes ou unha persoa que estivo no cárcere despois de causar un accidente de coche no que houbo unha vítima mortal.
A programación completa do ciclo 0VV! é a seguinte:
MÉRCORES 14 DE OUTUBRO
- 16.00 horas, Campus universitario: Simulacro de accidente.
- 18.00 horas, Fscultade de Ciencias Sociais: Mesa redonda "Camiño ou conduzo? Son vítima ou agresor?".
MÉRCORES 21 DE OUTUBRO
- 18.00 horas, Fscultade de Ciencias da Educación: Mesa redonda "Con máis medios conducimos mellor?"
- 19.30 horas, Pabellón de Ciencias da Educación: Exhibición de baloncesto sobre rodas.
MÉRCORES 28 DE OUTUBRO
- De 9.00 a 21.00 horas, Acceso á Escola de Forestais: Simulador de volco con accidente a 20 km/h.
- 18.00 horas, Escola de Forestais: Mesa redonda "Que te metes antes de conducir?"
XOVES 29 DE OUTUBRO
- De 10.30 a 14.30 3 de 16.00 a 18.00 horas, P4aza de Ourense: Simulador de volco con accidente a 20 km/h.
- 11.00 horas, Casa das Campás: Mesa redonda "Psicoloxía na conducción: reto mental e emocional constante".
MÉRCORES 4 DE NOVEMBRO
- 18.00 horas, Fscultade de Ciencias da Educación: Mesa redonda "Ciclistas e peóns, convivir ou malvivir?"
- 19.30 horas, Pavillón de Ciencias da Educación: Exhibición de goalball.
MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO
- 18.00 horas, Fscultade de Ciencias da Educación: Mesa redonda "Ciclistas e condutores".
- 20.30 horas, Fscultade de Ciencias da Educación: Ruta en bici, patíns e cadeira de rodas.
Con este ciclo, o Concello quere seguir avanzando na educación viaria como modo, xunto coa reforma urbana e as medidas de acougado de tráfico, de seguir mantendo as excelentes cifras de sinistralidade na rede viaria municipal, con cero mortos en accidentes de tráfico nos últimos anos. "Queriamos dar un paso adiante ante esta preocupación, mellorar a información e facer que chegue a máis público", afirmou o alcalde.
Relacionadas:
-
Pontevedrá lembrará o domingo as vidas truncadas pola "violencia viaria"
Por Redacción |
-
O coche que simula envorcaduras en El Hormiguero ensina seguridade viaria no campus
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O simulacro de accidente no campus permite mellorar a coordinación nas emerxencias
Por Redacción |
-
Non chamen ao 112, é un simulacro
Por Mónica Patxot |
-
As chuvias provocaron accidentes leves por saída de vía
Por Diego Torrado |
-
WhatsApp ao volante, perigo constante
Por Alejandro Espiño |