Piden que se actúe de inmediato na curva de Curro ante as evidentes deficiencias de seguridade
Por Redacción
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe que se actúe "de xeito inmediato" sobre a chamada "curva de Curro" na PO-531 ante as evidentes deficiencias de seguridade. Así mesmo, instan á Xunta a iniciar os trámites oportunos para liberar a peaxe no tramo da AP-9, Curro-Pontevedra, de xeito que poida ser utilizado como vial alternativo á PO-531.
O grupo parlamentario igualmente reclama que se proceda á reparación inmediata das vítimas desta infraestrutura, "tanto en materia asistencial como indemnizadora".
Dende AGE consideran que no pode demorarse máis esta actuación polo que demandan da administración autonómica que solucione a situación da estrada ou habilite trazados alternativos gratuítos que permitan aos usuarios decidir o itinerario, "e non ter que xogarse a vida", cada vez que teñen que circular pola P0-531, sobre todo en días de chuvia.