Pontedetapas adianta a mediados de novembro a súa oitava edición
Por Alejandro Espiño
Pontevedra volverá a presumir de potencial gastronómico cunha nova edición do certame Pontedetapas. A principal novidade do concurso será a súa data de celebración. A súa oitava edición celebrarase do xoves 12 ao domingo 22 de novembro, dez días nos que os participantes poderán degustar os bocados que propoñan os locais de hostalería da cidade.
Ata o 25 de outubro está aberto o prazo para que se inscriban no certame os establecementos de hostalería que queiran participar. O formulario está dispoñible na web www.pontedetapas.eu ou ben na Casa da Luz. Tamén se pode solicitar por correo electrónico no enderezo info@pontedetapas.eu.
Un xurado profesional, composto por persoas do ámbito da hostalería, o turismo, o xornalismo gastronómico, blogueiros, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica, escollerá aos gañadores que obterán como premio, ademais dun diploma e un distintivo acreditativo, unha masterclass cun chef de renome.
Por outra banda, o público volverá elixira mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra que será a que compita na segunda edición de De tapas por Galicia, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade autónoma entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.
Pontedetapas é un certame organizado pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de reforzar a marca da cidade e dinamizar o comercio e a hostalería local.
Relacionadas:
-
Once días por diante para gozar da creatividade culinaria da hostalería local
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Todos a tapear por Pontevedra!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os blogueiros gastronómicos galegos cítanse en Pontevedra
Por Redacción |
-
El Cafetín, sen premio no concurso "De tapas por Galicia"
Por Redacción |
-
Pontevedra tamén 'namora' a Fitur co seu aclamado potencial gastronómico
Por Redacción |
-
Cáncamo Mariscos, El Cafetín e Café Central, gañadores da final de PontedeTapas 2014
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |