O fiscal modificará a petición de penas e multas a parte do clan do narco Vázquez Roma
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O fiscal especial antidroga, Luís Uriarte, confirmou que, despois de negociar coas partes, modificará a petición de penas e multas por tráfico de droga e branqueo a parte do clan do narco Vázquez Roma.
"He llegado a acuerdo con varios de los acusados con otros no", recoñeceu o representante do Ministerio Público.
"Efectivamente ha habido conversaciones y negociaciones con los abogados a lo largo de los últimos meses para ver la posibilidad de que reconocieran los hechos y que ese reconocimiento tuviera un reflejo en las conclusiones definitivas que formule la Fiscalía", asegurou Luís Uriarte.
O fiscal confirmou aos medios de comunicación a existencia deste acordo tras concluír as declaracións dos vinte acusados na sesión do xuízo celebrada este martes na Audiencia de Pontevedra.
Uriarte tamén explicou que non se puido pechar un acordo con todos os procesados aínda que "la oferta se hizo a todos los acusados" e iso motivará que nas conclusións finais da Fiscalía introdúzanse modificacións respecto daqueles que si confesaron a súa participación no branqueo de capitais e no transporte de tres toneladas de cocaína en outubro de 2007, frustrada polo Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Só tres dos 20 acusados negaron os feitos polos que están sentados no banco, entre eles Juan Antonio Garre Lázaro considerado como o presunto lugartenente do capo Vázquez Roma, e o administrador do estaleiro en Viana do Castelo (Portugal) onde se construíron as planadoras para o desembarco, Jorge Lorenzo Santiago. E hai outros tres acusados que tan só recoñeceron unha parte dos delitos que se lles imputan.
Estas confesións propiciaron que a Fiscalía renunciase a máis de 40 testemuñas, o que terá a súa repercusión na duración deste macroxuízo que, en principio, esperábase que ocupase todo o mes de outubro.
Relacionadas:
-
O Supremo absolve o construtor das planadoras do clan de Vázquez Roma
Por Redacción |
-
O narcotraficante Ramiro Vázquez Roma, condenado a once anos de prisión
Por Redacción |
-
A Fiscalía e as defensas negocian un acordo tras a confesión do clan Roma
Por Oskar Viéitez |
-
Vázquez Roma asegura estar arrepentido e confesa un transporte de tres toneladas de cocaína
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comeza o macroxuízo na Audiencia contra 19 acusados detidos hai oito anos na Operación Piraña
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |