Os pais do Colexio de Barcelos piden que se revise o mapa escolar
Por Redacción
A Asociación de Nais e Pais do colexio de Barcelos fixo entrega este luns dun escrito á Consellería de Educación pedindo que se revise a zonificación dos centros escolares públicos do concello de Pontevedra "e se arranxe a adscripción de prazas, acomodando ós rapaces en aulas que non esgoten por costume o límite legal establecido".
Os pais do CEIP de Barcelos piden que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, "tome cartas efectivas no asunto".
Consideran que cunha zonificación axeitada "non houbera desaparecido unha aula", no seu colexio. Tamén piden que se tome en consideración as características do seu colexio, que se volva abrir a aula este curso, ademáis de garantir que se ofrezan de novo dúas aulas de infantil no centro para o curso 2016-17, e que, en todo caso, neste curso se incorpore un profesor de apoio.
Estes pais tamén mantiveron unha entrevista coa concelleira de Educación, Carmen Fouces, que xa amosou públicamente a súa sensibilidade coa súa reclamación, aínda que, "desgraciadamente, o concello carece de competencias efectivas que nos poidan resolver o problema". O concello xa tiña algunas iniciativas para dinamizar ó centro para poñer en marcha, á marxe do problema co que se enfrentan agora.
"Esperamos que o resto de grupos políticos que forman parte da corporación nos apoien igualmente, pediremos unha cita con cada un deles para explicarles ó problema", aseguran dende a Anpa.
Ó longo desta semana a asociación de pais emplazará ós representantes políticos que viven en Pontevedra para que se acerquen ó colexio e teñan unha referencia directa do problema. "Esperamos encontrar apoio e solución", sinalan.
"A educación é inversión e non gasto. E esperamos que os responsables da inversión en educación sexan conscientes", conclúen dende a Anpa.
Relacionadas:
-
Protesta de pais de Barcelos: "Coa cuarta parte do que gastan en conselleiros, teríamos arreglado o problema"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A ANPA de Barcelos pide que se convoque ao Consello Escolar tras a eliminación dunha clase de Infantil
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O CEIP Barcelos contará o vindeiro curso con 20 alumnos de 3 anos
Por Redacción |
-
Preocupación no colexio Barcelos pola eliminación dunha clase de Infantil
Por Redacción |