Protesta dos traballadores de seguridade do Avelino Montero ao persistir os impagamentos dos seus salarios
Por Diego Espiño
O sindicato UGT liderou unha protesta este luns ante o centro de menores Avelino Motero, en Pontevedra, ante a situación laboral que seguen atravesando os traballadores da Compañía de Protección e Vixilancia Galaica.
Logo de afrontar "negociacións e mobilizacións dende hai máis dun ano" e cando parecía próximo o acordo o pasado mes de xuño, a empresa volve adebedar varias mensualidades aos seus traballadores, segundo denuncia a organziación sindical.
Concretamente "son 18 traballadores e aféctalle a 11", explica o secretario comarcal de UGT e traballador do centro, Ramón Vidal, aos que Galicia adebeda dous ou tres meses de salario segundo o caso.
A preocupación é importante porque "nos atopamos que a piques de rematar a concesión (acaba en decembro) o que vemos é que as débedas dos traballadores van incrementando e a vontade de pago ou negociación é mínima", sinalou Vidal.
Ante esta situación os traballadores seguirán mobilizándose e avanzan que acudirán á Xunta de Galicia, titular das instalacións, na busca dunha solución e para esixir maiores garantías no próximo contrato de servizo.
O conflito afecta a outros centros de traballo, pero ten maior incidencia no Avelino Montero.
Relacionadas:
-
UXT alerta de "propostas de peche e privatización de servizos" no centro de menores Avelino Montero
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco traballadores de seguridade denuncian impago no Centro de Menores Avelino Montero
Por Redacción |
-
O persoal de seguridade do Avelino Montero denuncia os incumprimentos laborais da empresa
Por Anxo Lourido |