Cinco feridos nun espectacular accidente na curva da gasolineira de Curro
Por Diego Torrado
Os bombeiros do Parque do Salnés tiveron que desprazarse ata a estrada Pontevedra-Vilagarcía (PO-531) ao redor das 21.00 horas deste domingo para excarcerar a unha persoa que se viru implicada nun accidente de tráfico que se producía á altura do restaurante Abuelo Pintos, fronte a gasolineira de Curro (Barro).
Os dous turismos impactaban frontolateralmente, segundo fontes de emerxencias, por causas que se están a investigar. Dúas persoas que viaxaban no todoterreo resultaron feridas de gravidade, o acompañante tivo que ser excarcerado, segundo informaron os Bombeiros do Salnés. O outro vehículo era ocupado por tres acodes, que tamén sufriron feridas de distinta consideración. Foron trasladados a centros hospitalarios de Pontevedra. Ámbolos automóbiles quedaron en situación de sinistro.
O accidente rexistrábase cando a lluvía volvía facer acto de presenza nunha zona na que se producen colisións con frecuencia. Ata o lugar ademais dunha dotación dos bombeiros de Pontevedra desprazáronse dúas ambulancias medicalizadas do 061 e a Garda Civil de Tráfico.
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez segue sen atender a petición de entrevista de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Piden que se actúe de inmediato na curva de Curro ante as evidentes deficiencias de seguridade
Por Redacción |
-
Aparatosa envorcadura dun camión no macronó de Curro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Colisión frontal entre unha furgoneta e un camión en Barro
Por Redacción |