O mal tempo vaise manter ata o mércores nas Rías Baixas
Por Redacción
As Rías Baixas atópanse durante este domingo baixo a influencia das baixas presións e manterase desta forma, con choivas e mal tempo, ata o vindeiro mércores 7.
Durante esta xornada de domingo, os ceos permanecerán moi anubrados con choivas xeneralizadas e persistentes durante a tarde. Pola noite rexistrarase un empeoramento con choivas que se prevén fortes, con ventos que soprarán fortes de compoñente sur con intervalos moi fortes no litoral atlántico, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia. As temperaturas mínimas experimentan un notable ascenso, mentres que as máximas continúan sen cambios, situándose entre os 15 e os 22 graos.
Durante o luns, as Rías Baixas continuarán baixo a influencia da intensa borrasca procedente do Atlántico provocando unha elevada inestabilidade atmosférica. Sucederanse os chuvascos, mesmo de carácter forte e tormentoso. Os ventos soprarán do sur e do suroeste fortes e con intervalos moi fortes no litoral atlántico. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso.
A partir do martes, Galicia quedará nunha zona intermedia entre as borrascas do norte e o anticiclón oceánico. Os ceos alternarán nubes e claros con chuvascos ocasionais que irán remitindo cara á noite. As temperaturas descenderán e os ventos soprarán de compoñente oeste frouxos e moderados.
Unha influencia anticiclónica débil permitirá que o tempo se vaia estabilizando. Predominará a alternancia de nubes e claros, sobre todo a partir da tarde. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable durante a mañá. Pola tarde serán de compoñente norte.
Relacionadas:
-
O temporal de primeiras horas do domingo provoca desprendementos e caídas de árbores en Pontevedra
Por Diego Torrado | Creada e actualizada