Arrinca o segundo "Plan de fochancas"
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra pon en marcha un novo plan de fochancas e reparación das carretaras e pistas das parroquias do rural. ÿ o segundo ano no que se opta por este tipo de iniciativas.
A Xunta de Goberno municipal aprobou o expediente de contratación deste Plan que ten como propósito prolongar a vida útil das vías públicas que están nun relativo bo estado de conservación.
Segundo informou o concelleiro Raimundo González, o propósito do Concello é ir aplicando tamén este plan de reparación de fochancas nas parroquias de Marcón, Verducido, Salcedo, Lourizán, Bora e Santa María de Xeve.
Raimundo González explicou que se tratan de "pequenas intervencións" ou traballos de mantemento para facer máis doado o tránsito rodado e peonil, "cousas moi simples".
O contrato que agora sae a licitación ten un importe de 241.980 euros.