A importancia do quencemento previo e as boas posturas nas mariscadoras
Por Oskar Viéitez
Sinto desanimar a aqueles de vostedes que tras ler o titular esperaban que falase de sexo, pois esta información trata sobre saúde laboral nos traballos de marisqueo.
Se decidiron continuar lendo saiban que nos últimos anos elaborouse un completo estudo sobre as enfermidades profesionais que afectan ás mariscadoras. En concreto, a Consellería de Traballo e Benestar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), realizou este estudo sobre 1.077 mariscadoras de 32 confrarías de Galicia. Isto representa ao 30% da poboación de mariscadoras de Galicia.
Os datos revelaron que case dous terzos das profesionais, concretamente un 57%, padecen contracturas musculares.
As principais afeccións que sofren as mariscadoras están relacionadas co ámbito dorsolumbar, pero tamén identificaronse dolencias nas cervicais, ombreiros, xeonllos, e ata, do túnel carpiano dependendo do tipo de ferramenta que máis empreguen.
Todas elas son debidas á carga física, ás posturas forzadas ou á exposición á humidade, entre outras causas, ás que se someten as mariscadoras no seu traballo.
En próximas datas a Concellería de Deportes do Concello de Poio, poñerá en funcionamento o Programa "SAÿDE E MAR", dirixido ás mariscadoras a pé das cofradías de San Telmo e San Gregorio.
Neste programa incidirase nos hábitos profesionais de cada unha das participantes e factores como as ferramentas coas que traballan. E é que moitas veces hai prácticas erradas nas mulleres do mar. Por exemplo: o 61 % delas non empregan nin carro nin flotador e cargan o peso nos seus brazos, na súa cintura, ou sobre a cabeza, cos conseguintes efectos que esa acción produce sobre o sistema óseo e muscular.
Insistirase na importancia da realización dun quencemento previo ao traballo para estirar os músculos, a adopción dunha postura adecuada durante os labores e facer estiramientos posteriores.
A actividade levarase a cabo no Centro Social de Campelo (martes e xoves de 19:00-20:00 horas) e na Casa de Cultura Xaime Illa-Raxó (luns e mércoles de 19:00-20:00 horas).
As interesadas deberán anotarse nas confrarías citadas ou chamando ao teléfono da Concellería de Deportes do Concello de Poio: 685 18 88 38.