O rexeitamento veciñal ao crematorio enfronta ós políticos
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de urbanismo do Concello de Pontevedra, Antón Louro (PSdeG-PSOE), informou que o proxecto para construír un tanatorio-crematorio na avenida de Montecelo conta con todos os preceptivos informes favorables das consellerías de Sanidade, Presidencia e Medio Ambiente.
Por este motivo pediu ao portavoz do PP no Concello, Jacobo Moreira, que reclame explicacións á Xunta e que deixe de "ensuciar a política municipal con intereses estríctamente electoraliastas", dixo Louro.
Anteriormente Moreira esixiu ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores que diga ós veciños se vai outorgar ou non licenza para ese tanatorio. Pola súa banda o regidor recordou que esta é unha materia urbanística, e que o seu responsable non é o alcalde, senón o tenente de alcalde, Antón Louro.
Na asemblea celebrada o pasado luns, a asociación de veciños O Castro, a Sociedade Cultural e Deportiva e a Comunidade de Montes de Mourente, opúsoxe á execución deste tanatorio-crematorio nas proximidades da rotonda de Montecelo, ó entender que o lugar é inadecuado por estar moi preto de 279 vivendas, dous colexios e diversos negocios que se verían prexudicados.
Por estes motivos decidiron iniciar movilizacións, a primeira terá lugar esta tarde cunha concentración na parcela elixida para situar estas instalacións.
Moreira evitou pronunciarse sobre si o PP apoia ou non o proxecto empresarial de Mourente.
Pero o da rotonda de Montecelo non sería o único tanatorio-crematorio que se proxecta. Hai catro proxectos empresariais en marcha, aínda que algúns teñen parada a súa tramitación.