"O compost xenera problemas e nos temos que xenerar solucións"
Por Oskar Viéitez
Consciente da fraxilidade do seu matrimonio político, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, desfíxose en piropos cos seus rivais do Bloque Nacionalista Galego con quenes o Partido Popular vai da man no proxecto para crear un consorcio provincial a recolleita de lixos.
Unha colaboración "extraordinariamente positiva", dixo Louzán "agradecendo especialmente o comportamento do voceiro, Cesáreo Mosquera e a súa compañeira".
"Imos por bo camiño", engadiu "temos moi boa sintonía".
Dicía isto o presidente nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Xosé Crespo, vicepresidente da institución e alcalde de Lalín.
Así que Louzán desempeñou o papel de poli bo, e a Crespo tocoulle dar as malas noticias: "O compost xenera problemas e nos temos que xenerar solucións", esa era a mensaxe dirixida ao anterior receptor dos halagos.
E é que esta semana, o voceiro nacionalista apostou polas plantas de compostaxe ofrecendo a colaboración do concello de Pontevedra, para apoiar a medida e entrar no consorcio si se aposta por esta idea.
Pois a tenor do dito por Xosé Crespo, a compostaxe ten como principal inconvinte darlle saída aos abonos xerados. "O Bloque ten máis paixón ca nos pola compostaxe", admitiu.
Con todo, para manter esta estraña alianza cos nacionalistas Crespo abriu a porta a unha colaboración coa Xunta neste sentido, xa que a administración autonómica ten prevista a construción de oito plantas de compostaxe en toda Galicia.