Avanzan as obras de reforma da casa veciñal de Cutián
Por Redacción
O Concello de Cotobade está levando a cabo a reforma da casa veciñal de Cutián, situado en San Xurxo de Sacos. Este proxecto ascende a 53.557,41 euros e conta coa financiación do plan de servizos da Deputación de Pontevedra.
As obras que se están levando a cabo consisten na formación de cuberta, a reforma da carpintería exterior, a mellora da envolvente térmica do edificio e o acondicionamento interior do inmoble.
Estes traballos oriéntanse cara a o uso recreativo e sociocultural dos veciños do lugar de Cutián, os cales viñan demandando contar cunhas instalacións en boas condicións.
Trátase dunha actuación que se enmarca dentro do obxectivo que se marcou o goberno municipal de contar cuns centros de reunión e xuntanza onde os veciños dos diferentes dos diferentes lugares e parroquias poidan realizar actividades socioculturais, formativas ou lúdicas.