O PSOE presenta emendas de 140 millóns de euros aos Orzamentos e reclama a Rajoy que execute as partidas
Por Redacción
O Grupo Parlamentario Socialista presentará 89 emendas por unha suma total de 140,58 millóns de euros ao proxecto de Presupostos Xerais do Estado 2016 elaborado polo goberno de Mariano Rajoy.
O secretario xeral provincial do PSOE, Santos Héctor, e o deputado no Congreso, Guillermo Meijón, en rolda de prensa, lamentaron que o presidente do goberno visite Pontevedra para levar a cabo "espectáculos con montaxe de fotos" e a "lucir palmito" coa intención, segundo os socialistas, de facer política populista con actos como o deste domingo no Castelo de Soutomaior.
Critican que neste sentido, nos últimos cinco presupostos, a provincia perdeu mil millóns de euros e Guillermo Meijón demandou ao Goberno que as cantidades que figuran nos orzamentos xerais para Galicia se executen porque, apuntou, se xoga cos investimentos da AVE malia que o 40% dese diñeiro non se chega a empregar. "Como dicía a miña nai, así fago as contas eu" apuntou Guillermo Meijón reclamando a Mariano Rajoy que o que figura nas partidas se invirta.
Os socialistas destacan entre as súas emendas un investimento de 31,24 millóns de euros que inclúen a conexión das autovías A-57 e A-59 coa A.52 e coa AP-9, a N-541 que une Pontevedra con Forcarei e a reforma do Nó da Ponte das Correntes, entre outros proxectos. En relación coas infraestruturas ferroviarias reclaman a conexión da AVE entre Cerdedo, Pontevedra e Vigo ou o Eixo Atlántico con Portugal. En Medio Ambiente presentan emendas con partidas destinadas ao dragado do río Lérez, a rexeneración da ría de Arousa e o saneamento de Cambados. Tamén en Patrimonio solicitan un investimento de 500.000 euros para a cuberta do Pavillón dos Deportes, así como partida para as Casas Cuartel Garda Civil en Vilagarcía e Cambados ou o proxecto da nova Comisaría de Pontevedra, ademais do estudo para a creación do Espazo Intermodal de Transporte, que aúne a estación de trens e de autobuses de Pontevedra.
CASTELO DE SOUTOMAIOR
Os socialistas referíronse ao uso que realiza o Partido Popular doCastelo de Soutomaior para a apertura do curso político tal e como veñen realizando dende hai 9 anos. Segundo Santos Héctor, as instalacións son un "espazo público" e os populares, apuntou, poden usar os salóns pero toda a zona exterior "non pode quedar acotado", indicou o secretario provincial do PSOE. E engadiu que en 2014, os dispositivos de seguridade do presidente do Goberno provocaron dificultades para o desenvolvemento dunha voda que estaba prevista para o domingo, o día en ao que Mariano Rajoy por problemas de axenda tivo que trasladar o acto do PP.
Relacionadas:
-
O BNG presenta emendas aos orzamentos e insiste en que o goberno de Rajoy evite adoptar decisións sobre Ence
Por Redacción |
-
O PSOE anima os deputados do PP a romper a disciplina do partido e votar a favor das emendas para Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP destaca o investimento de Fomento en Pontevedra que para o concello resulta "cicatero"
Por Oskar Viéitez |
-
Os presupostos de Rajoy para Pontevedra apóstano todo para a A-57
Por Oskar Viéitez |