Exitosa revisión sorpresa nunha praia da Calzada 'tomada' polos vehículos a pedais
Por Redacción
Unha nova inspección realizada por sorpresa por responsables da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) ratifica o mantemento da Bandeira Azul para a praia fluvial de A Calzada, primeira que outorga o organismo a unha zona de baño destas características en todo o Estado Español. Superou o exame de novo coa máxima nota "positiva e con felicitacións".
Os inspectores realizaron unha comprobación ocular de todas e cada unha das instalacións obrigatorias para manter o distintivo da Bandeira Azul e tamén o nivel de excelencia da auga da zona de baño.
Esta visita sorpresa coincide coa celebración, esta fin de semana, dunhas xornadas de promoción do uso da bicicleta e dos vehículos a pedais que se está a levar polo paseo do río Verdugo entre o centro da vila de Ponte Caldelas e a praia da Calzada.
Esta iniciativa pretende favorecer a práctica do deporte, facilitar a mobilidade e aumentar aínda máis a relación existente entre o centro da vila e o entorno do río Verdugo.
Persoas de todas as idades teñen á súa disposición, con prezos populares, a posibilidade de pasear nos populares segways (patinetes eléctricos), karts, patíns, bicicletas e tándem.
Esta actividade pode ser gozada de xeito individual ou colectivo, en solitario ou en familia posto que hai vehículos equipados con asentos de ata seis prazas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas enche as súas rúas coas festas na honra da súa patroa, a virxe das Dores
Por Redacción |
-
O río Verdugo dende unha piragua
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas supera con éxito unha inspección sorpresa na praia fluvial
Por Redacción |
-
A Calzada presume xa da súa Bandeira Azul
Por Redacción |