As tapas mariñeiras lánzanse a conquistar Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu presentou este venres a Ruta das Tapas Mariñeiras, certame gastronómico que involucra a varios locais de hostalaría do municipio.
A degustación incluirá 16 propostas de pinchos, ao prezo todos eles de 1,80 euros e que teñen como elemento en comun os produtos do mar.
A ruta celebrarase do 10 ao 13 de setembro, coincidindo cos últimos días do FIC Bueu, en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas.
Durante eses días Casa Quintela oferecerá un 'mojito' de aguacate e marisco e quiche de verduritas e xoubas; O Pazo elaborará 'sushiño' de polbo con tetiña e cesto crocante de pau santo con fideos negros e chocos; Chilau coestanques de bacallau e osobuco con salsa de ameixas; Noite Tapas presentará 'octopus revolution' e 'pecten X' Rosalinda polbo ao lume con maionesa de chile chiplote; Aturuxo ofrecerá 'bok con tosta de polbo' Café Bar Nuncia arroz con polbo en salsa de curri e fideo con bacallau e salsa ao pilpil; Tapería D'ons chocos D'ons na súa tinta e revolto de algas con caviar de ourizo; e O Farol polbo frito e bocados de batea.
Todas as fotos dos pratos se subirán á web www.tapeandoenbueu.com.