Carmela Silva tira de hemeroteca para cargar tintas contra o PP sobre ENCE: "Cambiou radicalmente a súa postura"
Por Natalia Puga
A hemeroteca "fala por se mesma" en relación coa postura que mantiveron os distintos partidos políticos sobre a permanencia da empresa Elnosa na súa situación actual de Lourizán ao longo dos últimos anos e, no caso do PP, mostra que "cambiou radicamente a súa postura". Así quixo poñelo sobre a mesa este venres a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, que contrapón esa situación coa actitude tanto do PSdeG-PSOE coma do BNG, que "sempre mantivo a postura moi clara". O PP pasou de apoiar o traslado a opoñerse completamente en seis anos.
Carmela Silva compareceu ante os medios tras a reunión da Xunta de Goberno de la Deputación, na que se aprobou un acordo da Corporación (BNG-PSdeG) para instar á Xunta de Galicia a emitir informe desfavorable sobre a prórroga de Ence por ser incompatible coas determinacións do Plan de Ordenación do Litoral e das Directrices de Ordenación do Territorio e a anular a Autorización Ambiental Integrada de Elnosa e declarar improrrogable a súa actividade e situación. Ao Goberno do Estado ínstano a non prorrogar a concesión de ningunha das dúas factorías do complexo industrial de Lourizán.
A presidenta provincial leu varios titulares de prensa dende o ano 2009 recollendo ese cambio de postura do PP tanto a nivel local como autonómico, pero incidindo no acontecido entre os políticos pontevedreses. Na súa opinión, o actual voceiro municipal do partido, Jacobo Moreira, "ten que explicar cales son as causas" dese cambio de postura, pois débello aos cidadáns.
A socialista non quixo responder ás acusacións do PP de que non tería apoiado o traslado dunha empreas como Ence se estivese situada en Vigo, pois considera que non debe "entrar neses dimes e diretes porque non me parece serio". Na súa opinión, Jacobo Moreira, con este tipo de declaracións, demostra que ten unha "forma antiga de facer política coa que non coincido".
"Non lle vou contestar", asegurou Carmela Silva, pero si abre a porta a sentarse co PP para falar sobre o particular. Así, ofrece ao ex presidente da Deputación e líder provincial do PP, Rafael Louzán, que "me diga o lugar, o día e a data" para sentarse a falar ambos os dous sobre "como se xestionaba a Deputación antes e agora". Ofrécelle unha reunión transparente, "así, abertamente, con medios".
O BNG, NO PARLAMENTO
Por outra parte, as deputadas do BNG Ana Pontón e Montse Prado rexistraron este venres unha proposición non de lei instando á Xunta de Galicia a esixir do Goberno central "a paralización inmediata" de calquera iniciativa destinada a conceder a prórroga a Ence para seguir na Ría.
Os nacionalistas queren saber "que está a negociar" o PP coa empresa pasteira "para facerlle un agasallo de máis de mil millóns de euros" en aforro dunha nova instalación, novos terreos para outra ubicación e deixar de ter auga gratis.
Relacionadas:
-
Os deputados do PP piden a Carmela Silva que "reconsidere" a súa postura sobre ENCE
Por Redacción |
-
Lores e Carmela Silva: "Hoxe non falamos de Ence"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Axitado pleno na Deputación con traballadores de Ence e os deputados populares abandonando a sesión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os traballadores de ENCE poderán intervir no Pleno da Deputación
Por Redacción |
-
'Cumio' municipal sobre ENCE cos alcaldes de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo e Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O PP advirte que non dará "nin un paso atrás" na súa defensa á continuidade de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
O PP dubida que Carmela Silva actuase igual con ENCE "se se tratase dunha empresa de Vigo"
Por Redacción |
-
A Deputación, contra ENCE: Carmela Silva súmase á "ofensiva" de Lores para que "desapareza" da ría
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva evita pronunciarse sobre a permanencia de ENCE na Ría de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Esixen á Xunta que se "posicione" e emita un informe desfavorable á continuidade de ENCE
Por Alejandro Espiño |