Ingresa en prisión tras forcexar cunha muller en plena rúa e roubarlle o bolso
Por Redacción
Un home de 34 anos de idade, con domicilio en Pontevedra, foi detido por axentes da Policía Nacional despois de ser identificado como o presunto autor dun roubo con violencia, ao atracar unha muller que paseaba pola cidade.
A vítima denunciou o roubo despois de que, pasadas as doce da noite, fora abordada polas costas por un individuo que tratou de taparlle a cara cun xersei. Tras este feito, iniciouse un forcexo entre ambos os dous, durante o cal o home o tirou da correa do bolso ata que logrou rompela, fuxindo despois.
A raíz da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de descubrir a identidade deste individuo, que foi detido o pasado 26 de agosto ás 9.45 horas.
Unha vez detido foi trasladado a dependencias policiais onde se tramitou o correspondente atestado e foi posto a disposición da autoridade xudicial, quen decretou o seu ingresou en prisión ao comprobar que xa contaba con antecedentes delituosos.