Obras de mellora poñen a punto os colexios de A Laxe, Carballal e Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín está realizando obras de conservación e mantemento nos centros públicos de educación Infantil e Primaria de A Laxe, Carballal e Seixo, así outras actuacións necesarias para renovar os colexios.
As obras responden ás peticións realizadas polos distintos centros e compleméntanse coas actuacións para a mellora da eficiencia enerxética realizadas en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros de Carballal e A Laxe.
En concreto, estase a executar o muro de peche que caera no CEIP A Laxe despois das chuvias, así como melloras no ximnasio e os patios do CEIP Carballal e actuacións que executan os disitntos servizos municipais de obras, augas e carpintería. Proximamente acometeranse melloras no CEIP de Seixo.
Segundo informou o Concello, estas actuacións tratan de priorizar as necesidades máis urxentes, sempre en colaboración coa consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta.