ÿltima fase do alcantarillado en Taboadelo para 2013
Por Redacción
O Alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, confirmou que unha das actuacións que incluirá no Plan de Investimentos que a Deputación aprobou para os concellos da provincia será a última fase da Rede de Saneamento de Taboadelo, que consistirá na instalación do colector principal que comunicará o núcleo de Taboadelo co lugar en que se instalará a nova EDAR.
Esta actuación ten a súa complexidade porque á vez que se instala ese colector, tense que instalar unha tubería para conservar o regadío existente.
En total instalarase un colector para fecales cun diámetro de 315 mm., a unha lonxitude de 250 m. l. Ademáis para canalizar o regadío instalaranse tuberías de distinto diámetro.
O Concello xa acometeu nos últimos 4 anos as obras de instalación da rede de tuberías na maior parte do núcleo de Taboadelo, financiado a través de distintos plans de obras. En total xa se levan investidos máis de 150.000 .
Esta última fase non se puido abordar antes debido á complejidad de obter a cesión dos terreos necesarios para o ensanche do camiño no que se instalará o colector e que dará acceso á EDAR.
Con esta actuación que se incluirá agora no Plan de Investimentos de Deputación e que probablemente executarase durante o ano 2013, o Concello completará a rede de colectores en Taboadelo, quedando únicamente pendente a instalación da EDAR, que o Alcalde espera incluír nos plans de investimentos do concello tamén do próximo ano.