Deputación asumiu Bolcotur "facendo o que debía facer"
Por Oskar Viéitez
Deputación asumiu Bolcotur "facendo o que debía facer", declarou o seu presidente, Rafael Louzán.
Coa Cámara de Comercio de Pontevedra noqueada pola súa mala situación económica, e co seu presidente, José Antonio Gómez, incapaz de concretar si renunciaba ou asumía a organización do Salón do Turismo de Galicia, Ferpalia, a deputación decidiu, a 15 días da cita, tomar o mando do evento.
A Bolcontur é a Bolsa de Contratación de Ferpalia, o auténtico sentido dunha feira cuxa parte expositiva carece de valor. A esta Bolsa acoden os touroperadores, un foro profesional no que se contrata o 60% do orzamento total que move o sector turístico na nosa comunidade, según datos da propia Cámara de Comercio.
A Deputación de Pontevedra aportou nos últimos catro anos un total de 350.000 euros á Cámara de Comercio de Pontevedra
Rafael Louzán informou que a Deputación de Pontevedra aportou nos últimos catro anos un total de 350.000 euros á Cámara de Comercio de Pontevedra para a realización de certamenes feirais, cursos de formación, foros de comercio, xornadas, seminarios e outros eventos. Desa cantidade, 20.000 euros corresponden á edición de Ferpalia do ano pasado.
Louzán afirmou que, en vista de que a Cámara non concretou a celebración de Ferpalia nin da Bolsa de Contratación, a Deputación viuse "obrigada, a petición do sector, a saír ao rescate dun evento que consideramos vital para a economía e a ocupación laboral dun sector que ten carácter estratéxico na nosa provincia", dixo.
Segundo indicou "a Deputación tén moi claro que tén que orientar as súas axudas ao investimento produtivo, a investimentos que supoñan retorno".
Neste sentido, dixo que, das tradicionais funcións das feiras e certamenes, a de comercialización, é "hoxe máis que nunca a máis fundamental porque de aí, de eventos como a Bolsa de Contración, saen os contratos que permiten o desenvolvemento do sector", concluíu.
Relacionadas:
-
Pontevedra perde Bolcotur: tras vinte anos na cidade, a Deputación lévaa para Vigo
Por Alejandro Espiño |
-
Bolcotur e a Pontevedra Olímpica
Por Oskar Viéitez |
-
Bolcotur agarda atraer a Pontevedra a máis de 10.000 persoas e 2.000 profesionais do sector turístico
Por Redacción |
-
Pomovil en novembro e Ferpalia en decembro, plans da Cámara de Comercio
Por Redacción |