Nova baixa no Entroido, Os Canecos tampouco participarán
Por Oskar Viéitez
Outra comparsa "histórica" no Entroido pontevedrés non participará nos actos deste ano, trátase dos Canecos.
Súmanse así os de Poio ás baixas xa anunciadas de os Amoriños de Bora e Os do Val do Lérez.
No caso dos Canecos, o voceiro da comparsa, Edmundo Nores, explicou que o motivo da súa ausencia é a defunción dun familiar directo dalgúns integrantes da agrupación. A decisión foi consensuada nunha reunión na que todos os membros da comparsa coincidiron en non participar activamente na festa.
Os de San Salvador levaban 25 anos, primeiro como rondalla e despois tamén como comparsa, sendo uns dos protagonistas do Carnaval na comarca, ao que adican innumerables horas de traballo que arrincan pouco logo das festas da virxe da Merced nos locais do colexio de Viñas.
Pero non só Pontevedra, botaralles en falta tamén Lalín, Soutomaior, Pobra do Caramiñal, Ponte Caldelas, Portas, Sanxenxo, Marín e por suposto, o galo Fodorico.