A Carballeira das Ermitas acolle a Festa da Terceira Idade da Lama
Por Redacción
A Lama celebrou a Festa da Terceira Idade que se desenvolveu este martes 4 de agosto na Carballeira de As Ermitas coa presenza da directora xeral de Relacións Institucionais, Blanca García-Señoráns e do alcalde, Jorge Canda.
O xantar de confraternidade contou coa participación de numerosas persoas maiores que estiveron acompañadas polas súas familias nunha cita xa tradicional e que pon fin á Semana Cultural da Lama.
Jorge Canda sinalou que se trata dun acto que aglutina ao mesmo tempo o desexo de homenaxear aos maiores ao tempo que se converten en protagonistas dun evento destas características onde serve tamén para que as familias compartan mesa.